« | Inicio | »

As partes da gaita

Por mirinho | maio 24, 2008

Pinchar na imaxe para aumentar.

 

Todas as partes saen do fol, a través das buxas.

Soprete: Introdúcese o ar no fol. O zapón ou válvula impide que o ar volva para atrás.

Roncón: Produce o son máis grave da gaita. O son que produce é dúas octavas máis grave que a tónica do punteiro. Divídese en tres partes, a prima, onde se atopa o pallón, a segunda e a terceira ou copa.

Ronquilla ou ronqueta: Produce tamén un son continuo. É unha octava máis aguda que o roncón e unha octava máis grave que a tónica do punteiro. Tamén leva un pallón, máis pequeno que o do roncón.

Ronquillo ou chillón: É o máis agudo dos sons continuos. Soe levar palleta como o punteiro, soando entón a dominante. Tamén pode levar un pallón e entón soará a tónica do punteiro.

Punteiro: É o elemento melódico da gaita, onde se tocan as músicas. Leva unha palleta.

Palleta: Dúas láminas de cana. É o elemento máis importante e sensible. É moi interesante saber manipulala adecuadamente para conseguir a afinación correcta.

Pallón: Lámina simple de cana.

Temas Artigos | Sen comentarios »

Comentarios

\