Mai
30
2014

“Fiesta, identidad y contracultura”

Fiesta, identidad y contracultura. Contribuciones al estudio de la gaita en Galicia.”

É o título do libro publicado pola Deputación de Pontevedra no ano 2007 que chegou as miñas mans hai un par de semanas. Un libro que máis que ler, devorei en poucos días.

O título fai referencia ás tres etapas que o autor considera como primordiais na historia da gaita galega.

A orixe é un traballo de investigación nos anos 2004 e 2005 para obter o diploma de estudos avanzados correspondente ao programa de doutorado en Historia e Ciencias da Música de Javier Campos Calvo-Sotelo.

Trátase dun percorrido pola historia da gaita galega, relacionada moitas veces coa gaitas de todo o mundo, dende as orixes en Grecia e Roma, sen fuxir da teoloxía panceltista, explicando todas as referencias e sendo moi crítico con todas elas. Profusamente documentado, con moitas e moi boas anotacións a pé de páxina, vai debullando e pondo no seu lugar, sempre que se poida (tamén deixa claro que hai lagoas informativas), cada unha das posibles orixes apontadas por outros estudos e autores.

Deixa claro que a época onde se pode falar de “gaita galega” é na idade media, onde se conforma a organoloxía da gaita moderna (non só galega) relacionando os bordóns co nacemento da polifonía.

Séculos escuros, rexurdimento, século XX e actualidade completan o percorrido da historia da gaita máis que interesante.

No tema de actualidade fala da trasculturación e mestura con outros estilos de música e o fenómeno da emigración, tema realmente interesante e non sempre comprendido.

É tamén un tratado sobre a historia cultural e sociolóxico de Galicia co tema da gaita galega como referencia.

Completa o libro unha moi completa bibliografía que me levou á procura de máis libros.

Unha lectura que eu recomendaría a calquera gaiteiro/a que estea interesado pola historia deste instrumento. Sempre con ollos críticos e con ánimo de discusión (que eu agradecería, ben nos comentarios, ben en persoa, ou como sexa).

Fiesta, identidad y contracultura.
Contribuciones al estudio de la gaita en Galicia.
Javier Campos Calvo-Sotelo
Deputación de Pontevedra
ISBN: 9788484573067

Written by mirinho in: Artigos,Bibliografía,Gaita |

1 comentario

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes