Muiñeira de Coia
By mirinho | Novembro 10, 2011
Pouco a pouco imos tocando a Muiñeira de Coia:
Topics: Gaita, Partituras | No Commentss »
Muiñeira de Mondariz
By mirinho | Novembro 10, 2011
Sete Netos, grupo folk de Arxentina, compuxo a Muiñeira de Mondariz. E nós, nas nosas clases, fixémoslle unha segunda voz para tocar a dúo.
E aquí están os Sete Netos tocando a Muiñeira de Mondariz en directo:
Topics: Gaita, Partituras, Vídeos | No Commentss »
O obradoiro de gaitas Gil
By mirinho | Setembro 21, 2011
Topics: Gaita, Vídeos | No Commentss »
Na Freixa
By mirinho | Maio 20, 2011
Estamos a aprender o tema de Moxenas, Na Freixa.
A partitura sacámola do libro Moxenas, a memoria do son.
Para esta peza aparece a seguinte observación:
«…Esta peza foi utilizada na confección doutra muiñeira, Agachadiño na Freixa.
Apunta Moxenas a dificultade que par moitos gaiteiros tivo nun primeiro momento o enlace da introducción lenta coa muiñeira. O feito de ter esta última dúas voces pouco paralelas levaba a continuos equívocos. O autor solucionou o problema facendo que a segunda voz da mesma entrase ao unísono coa primeira ata a metade do compás 4. A partir daquí cada voz seguiría o seu camiño.
O compositor fai a recomendación de non utilizar percusión na introducción lenta e enlazar coa muiñeira tras un golpe de bombo. Outra solución moi socorrida, utilizada en vida do gaiteiro e aceptada por el, era facer o tránsito mediante este toque de tambor…»
O tránsito ao que se refire no libro é facer un final de muiñeira longo de tres compases co tambor despois da parte lenta. O tambor xa collería o tempo máis rápido da muiñeira.
Topics: Partituras | No Commentss »
Valse dos vellos
By mirinho | Maio 3, 2011
Estamos a aprender a notación que utilizaba Moxenas para que os alumnos lembrasen os temas que aprendían nas clases.
Escribimos a partitura do vals dos vellos e xusto por debaixo a notación de Moxenas.
Topics: Notación Moxenas, Partituras | No Commentss »
Muiñeira vella
By mirinho | Abril 5, 2011
Do repertorio de Asagaia, Muiñeira Vella:
Topics: Partituras | No Commentss »
Xota, Muiñeira, Pasodobre e Mazurca de Arbo
By mirinho | Febreiro 27, 2011
O obxectivo é procurar pezas que sexan da zona para incorporalas ao repertorio.
Comezamos con catro temas de Os Enxebres de Arbo: Xota, Muiñeira, Pasodobre e Mazurca.
Topics: Partituras | 2 Comments »
Muiñeira das Pesetas (ou do Barrio das Cortes)
By mirinho | Maio 4, 2010
E rematamos a muiñeira que estivemos traballando nas clases. O resultado final quedou así.
Gústache? Cambiarías algo? O que?
Topics: Partituras | No Commentss »
Vídeos históricos
By mirinho | Abril 5, 2010
Anda o Miguel Souto a subir uns vídeos moi interesantes para @s gaiteir@s
O mellorciño dos mellores:
Topics: Gaita, Vídeos | No Commentss »
Os instrumentos musicais na tradición galega
By mirinho | Febreiro 23, 2010
Importante publicación de Pablo Carpintero Arias (con deseños de Xoán Ramón Marín Martínez) que dende xa é unha obra imprescindible e de referencia. Un percorrido por todos os instrumentos musicais que se utilizaron (e utilizan) na sociedade galega.
Os instrumentos musicais na tradición galega enmárcase dentro do traballo do proxecto Ronsel centrado no Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.
Dende a páxina web do proxecto Ronsel tamén se ten acceso a outros traballos que se poden descargar directamente, como a publicación Instrumentos Tradicionais Galegos. Unha selección natural que serve como aperitivo do libro que estamos a falar.
Esta obra só é comparable ao tamén imprescindible Instrumentos Musicais Populares Portugueses de Ernesto Veiga de Oliveira, do que tamén se pode descargar información, e o máis interesante, ter acceso ao arquivo sonoro no que está baseado.
O que se di do libro Os instrumentos musicais na tradición galega:
Desde o proxecto Ronsel veñen de publicar un libro de interese para todas as persoas vinculadas ao mundo da música tradicional, a monografía «Os instrumentos musicais na tradición galega» de Pablo Carpintero Arias, con deseños de Xoan Ramón Marín Martínez, editada en Difusora de Letras Artes e Ideas coa oportuna revisión lingüística de Xosé Henrique Costas.
Esta obra, que conta co aval da UNESCO, describe e relata a historia coñecida de 144 instrumentos musicais e útiles sonoros que se empregaron en Galicia. A través de 500 páxinas, 1000 fotografías e múltiples ilustracións, a obra dá cabida a máis de 140 instrumentos musicais e recolle o traballo levado a cabo por Carpintero nos últimos 15 anos. A principal conclusión tras tantos anos de traballo: darse conta de que “en Galicia contamos cunha riqueza inmensa, algo que acontece en moi poucos países, e é que temos a virtude de que conservamos cadeas evolutivas completas na maior parte dos instrumentos musicais”.
Na obra Carpinteiro clasifica os instrumentos musicais seguindo o sistema científico máis empregado en occidente, o de Hornbostel e Sach, que os divide en idiófonos, membráfonos, cordófonos e aerófonos, facendo un viaxe musical a través do tempo, desde o Paleolítico ata o séxulo XX.
Topics: Bibliografía | No Commentss »



